Galería de FotosCompetición: HORARIOS y RESULTADOSEscola Deportiva Ourense Portada
 
   
 
José Luis Baltar Pumar,
presidente da Deputación de Ourense
 
 
 
 
 
 
Saúda do presidente da Deputación de Ourense
 


O traballo que a Escola Deportiva de Ourense ven desenvolvendo a prol do deporte de base é unha mostra da sensibilidade e preocupación que esta organización amosa por inculcar hábitos saudables aos nenos e nenas de Ourense. Boa proba delo é a eficaz labor que leva a cabo nas oito escolas que actualmente están en funcionamento: Anexa, Casardomato, O Couto, Eiroás, Mestre Vide, A Ponte, Los Rosales e Vistahermosa, con centos de rapaces que teñen no deporte un inmellorable complemento á súa formación como persoas.

A Deputación de Ourense cre firmemente no deporte de base e felicita á Escola Deportiva de Ourense polo traballo tan gratificante que está a facer. Porque unha sociedade vencellada ao deporte é unha sociedade con boa saúde, unha sociedade que comparte, que se esforza, que fixa as súas metas para acadalas con garantías e ilusión.

Nada hai máis gratificante que ver aos nosos fillos disfrutando sanamente da vida, ao tempo que acadan valores que ao longo dos anos seranlle imprescindibles para ter unha convivencia armónica na sociedade. Valores que o deporte ten coma sinal de identidade: esforzo, responsabilidade, compañeirismo, colaboración…, que fannos medrar intelectual, física e humanamente.

Como presidente da Deputación provincial, agardo e desexo que a Escola Deportiva de Ourense siga colleitando éxitos como ata o de agora, porque ese será o mellor aval de que os nosos nenos e xoves contan cun gran apoio no deporte de base. Non hai recoñecemento máis merecido que o que premia o esforzo dunha persoa por conseguir algo que beneficia a todos, razón de máis se os protagonistas son nenos e mozos.

A miña máis sincera noraboa, porque a nosa xuventude o merece


 

José Luis Baltar Pumar
Presidente Deputación de Ourense

 
Volver atrás correo electrónico