Poucas actividades supoñen unha inversión tan grande para o futuro da nosa sociedade como o deporte, sobre todo cando é practicado polos máis mozos. Ademáis dos inherentes beneficios para a saúde, a práctica deportiva inculca valores tan importantes como o traballo en equipo, a capacidade de esforzo e a facultade de xenerar ilusión para perseguir unha meta coa suficiente constancia como para acadala.
Si unha institución ou asociación fomentase un só destes atributos, merecería todo o recoñecemento da sociedade que o alberga. No caso da Escola Deportiva Ourense, a lista sobrepasa ós valores anteriormente descritos, xa que na súa actividade cotiá engaden, á práctica deportiva, as mellores compensacións da pedagoxía, o traballo polos demáis e o compañeirismo.
Como alcalde de Ourense, anímovos a continuar con tan digno exemplo para a sociedade ourensá, entrenando e ensinando cos vosas escolas en centros que forman, ano tras ano, a miles de nenos e mozos ourensáns, como na Anexa, A Ponte, Casardomato, Os Rosais, Vistahermosa ou O Couto, entre outras.
Sabede que contades con todo o cariño e a complicidade da Corporación municipal que me honro en presidir, e que dende o Concello de Ourense e como antigo docente, vos envío as máis sinceras gracias de parte de tódolos ourensáns polo voso esforzo e ilusión.
|
|